Ás voltas coa lingua galega no Cmus Vigo
Samaín 2023
Samaín 2023

Samaín 2023

Durante os días 30 e 31 de outubro o Cmus Profesional de Vigo convertirase en escenario do noso particular Samaín. Algunhas aulas estarán decoradas con cabazas, velas e outros motivos alusivos ao samaín. O alumnado máis cativo do centro poderá buscar polas portas os carteis do samaín, que indican que nesas aulas, e seguindo os pasos necesarios, poden atopar recompensas (as nosas particulares esmoliñas).
Continuamos deste xeito unha tradición ancestral en Galicia e que se conservou en varios lugares sen interrupción no tempo. Así, nos cambios de clase, os pasos a seguir serán dicir a tradicional frase “unha esmoliña polos defuntiños que van alá” (recollida en Vilagarcía de Arousa), e contestar a unha pregunta relacionada coa música que fará a profesora que se atope na aula. En caso de respostar correctamente, obterán recompensa!!

Tamén durantre eses días, no hall do auditorio realizaranse pequenos concertos terroríficos: intervencións de curta duración con músicas arrepiantes a cargo de profesorado e alumnado. 
Se queres participar tocando, contacta con rebecacarrera@edu.xunta.gal (coordinadora do EDLG) Soamente tés que contactar e informarnos de:
Quen vai tocar?
Que se vai interpretar?
Canto durará a intervención?
Cando vai ser? Día (30 ou 31 de outubro) e hora.