Información sobre Xela Arias

Algunhas ligazóns sobre a vida e a obra de Xela Arias

Biografía na Wikipedia

XELA ARIAS NA SUA VOZ

O Consello da Cultura Galega compila unha serie de entrevistas e intervencións sonoras de Xela Arias que figuran na súa entrada no Álbum de Mulleres.

Xela Arias. Día das Letras Galegas 2021 (consellodacultura.gal)

A Real Academia Galega aborda a vida e a obra da protagonista das Letras Galegas 2021 nesta serie documental de 6 episodios.

Xela Arias. A palabra esgazada | Real Academia Galega

Saber máis de R. Portela

Neste ano 2020, e a pesar da dificultade por mor da pandemia do Covid-19, moitas foron as homenaxes dedicadas a Ricardo Portela en forma de concertos, charlas, cursos, etc. Destaca o traballo bibliográfico realizado Carlos Núñez e editado polo Consello da Cultura Galega e titulado Ricardo Portela. De gaiteiro a gaiteiro, dispoñible no seguinte enlace, onde o autor céntrase no estilo de Portela, e presenta as transciricións de todas as pezas do seu repertorio, incluindo toda a ornamentación. http://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=4379

O programa “Alalá” da Televisión de Galicia, dedicoulle un monográfico a Ricardo Portela. Era o programa nº111 que foi emitido o 19 de maio de 2009. Pódese visualizar na seguinte ligazón https://www.youtube.com/watch?v=G3lE8XkJd1Q

En 2008, publícase o cd Foliada nas Rías Baixas. Homenaxe a Ricardo Portela, o Mestre.

Trátese dun dobre Cd no que diversos nomes da música folk renden homenaxe a Ricardo Portela, o gaiteiro de Viascón. O traballo recolle pezas do repertorio de Ricardo Portela interpretadas por diversos artistas entre os que se atopan Oscar Ibáñez, Antón Corral, Os Alegres, Anxo Pintos, Juanjo Fernández, Iván Costa ou Patrick Molard, entre outros moitos. A edición complétase coa inclusión de fragmentos de conversas con amigos e compañeiros de Portela como Melitón, Antón Corral, Amando Fontán, Maximino Souto ou Wenceslao Cabezas del Toro e cun completo libriño que aporta textos de tódolos participantes nos que recordan a figura e fonda pegada que deixou o mestre gaiteiro.

Unha das máis importantes publicacións sobre Ricardo Portela, data do ano 1988. É o libro titulado Ricardo Portela. Dúas palabras verbo da gaita, con autoría de J. Luis Calle e editado pola Deputación de Pontevedra. http://arquivos.depo.gal/?1,653,211

O Álbum de Galicia é unha colección dixital de biografías de persoas que destacaron en moi diversos ámbitos: desde a sociedade, a ciencia, a cultura ou a empresa. O obxectivo do Consello da Cultura Galega é dar visibilidade e perspectiva de conxunto ás numerosas mulleres e homes, xa finados, que contribuíron de maneira significativa á sociedade galega ao longo da súa Historia. Ricardo Portela é unha das persoas que figuran neste álbum, e que podes consultar neste enlace: http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=25799

100 anos de Ricardo Portela

Este ano 2020 cúmprense 100 anos do nacemento do gaiteiro Ricardo Portela (1920-1992). Nacido en Viascón (Cotobade, Pontevedra) é recoñecido como un dos máis destacados intérpretes do século XX. Tamén exerceu como profesor, e moitos dos seus alumnos son hoxe grandes gaiteiros e mestres. Son moitas as obras popularizadas por Ricardo Portela, que figuran actualmente nos repertorios de agrupacións e solistas. Algunhas delas do repertorio de Avelino Cachafeiro e do seu grupo Os Gaiteiros de Soutelo de Montes, os grandes admirados de Don Ricardo. Destacan a Muiñeira de Chantada, Muiñeira de Pontesampaio, Aires de Pontevedra, Farruquiña chaman á porta, Foliada das Rías Baixas, A Alfonsina, Heicho de dar queridiña, Muiñeira de Cabanas e un longo etcétera. Entre as súas publicacións discográficas destacan Irmáns Portela (1968), Festa en Viascón (1980), e Alborada en Cotobade (1990). O estilo interpretativo de Ricardo Portela destaca pola claridade no discurso, a pesar da gran cantidade de ornamentos que empregaba. O característico ritmo acabalgado das súas muiñeiras e o profuso uso de picados longos transforman as melodías converténdose en melodías “Portelianas”. Defendía o uso do chamado toque pechado frente á dixitación aberta (máis empregada polas novas xeracións), e actualmente o seu xeito de dixitar coñecémolo como pechado Portela. O concello de Pontevedra organiza desde o ano 2000, na súa memoria, o “Memorial Ricardo Portela e Irmáns Pichel”, un concurso con participantes de toda Galicia, na modalidade de toque pechado solista.

O EDLG do Conservatorio Profesional de Música de Vigo súmase aos talleres organizados polo Departamento de Música Tradicional, dando visibilidade ao seu traballo arredor da figura deste gaiteiro. O alumnado repartiuse en diferentes grupos de traballo, onde algunhas persoas investigan sobre o impacto, vida, discografía e estilo do gaiteiro, outras transcriben algunhas das pezas máis representativas do seu repertorio, e outras interpretan obras popularizadas por Ricardo Portela. Antes de que remate este ano de conmemoración, colgaremos un vídeo resumo das actividades realizadas neste espazo do EDLG na páxina web do centro.

CHARLA – CONCERTO sobre musette barroca

Foto de Nadia Vázquez

O xoves 16 de abril ás 18:00h contamos na aula Henrique Otero (aula C17) cunha invitada moi especial. A gaiteira guardesa Nadia Vázquez ensinaranos o funcionamento da musette barroca e ofrecerá un pequeno concerto onde poderemos aprender moito deste peculiar instrumento.

Esta actividade, organizada polo EDLG en colaboración co departamento de Música Tradicional, será de libre acceso para todo aquel que queira achegarse.

 

Descargar curriculum de Nadia Vázquez

Magosto 2019

O pasado 20 de Novembro festexamos un magosto no conservatorio en colaboración coa ANPA. Aquí tedes unhas fotos do que pasou…

 

E se queredes revivir o momento podedes voltar a cantar estas coplas tradicionais.

Pero cuns textos non tan tradicionais