Ás voltas coa lingua galega no Cmus Vigo
Entroido 2023
Entroido 2023

Entroido 2023

Os personaxes máis representativos do entroido en Galicia volven estar presentes no Cmus Profesional de Vigo. Estará o Merdeiro como figura do carnaval da nosa cidade, pero tamén outros personaxes doutras cidades e provincias galegas. A provincia de Ourense é na que con máis forza se vive o entroido, e son moitas as figuras que coñecemos procedentes de vilas e parroquias ourensás: Boteiro de Viana e Vilariño de Conso, Cigarrón de Verín, Peliqueiro de Laza, Pantalla de Xinzo, etc. Pero tamén Os Choqueiros de A Coruña, As Damas e Galáns de Cobres (Pontevedra) ou o Oso de Salcedo en Pobra de Brollón (Lugo) e moitos outros daranse cita nestas datas. Todos eles volven formar parte da exposición de entroido que temos un ano máis no conservatorio.

Este ano engadimos un personaxe á nosa exposición: O Troteiro. Os Troteiros son característicos do concello de Bande, na provincia de Ourense. Ataviados de branco con fitas de cores, percorren longas distancias anunciando a chegada do Entroido.

Practica o ritmo do folión e únete!!