Ás voltas coa lingua galega no Cmus Vigo
Saber máis de R. Portela
Saber máis de R. Portela

Saber máis de R. Portela

Neste ano 2020, e a pesar da dificultade por mor da pandemia do Covid-19, moitas foron as homenaxes dedicadas a Ricardo Portela en forma de concertos, charlas, cursos, etc. Destaca o traballo bibliográfico realizado Carlos Núñez e editado polo Consello da Cultura Galega e titulado Ricardo Portela. De gaiteiro a gaiteiro, dispoñible no seguinte enlace, onde o autor céntrase no estilo de Portela, e presenta as transciricións de todas as pezas do seu repertorio, incluindo toda a ornamentación. http://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=4379

O programa “Alalá” da Televisión de Galicia, dedicoulle un monográfico a Ricardo Portela. Era o programa nº111 que foi emitido o 19 de maio de 2009. Pódese visualizar na seguinte ligazón https://www.youtube.com/watch?v=G3lE8XkJd1Q

En 2008, publícase o cd Foliada nas Rías Baixas. Homenaxe a Ricardo Portela, o Mestre.

Trátese dun dobre Cd no que diversos nomes da música folk renden homenaxe a Ricardo Portela, o gaiteiro de Viascón. O traballo recolle pezas do repertorio de Ricardo Portela interpretadas por diversos artistas entre os que se atopan Oscar Ibáñez, Antón Corral, Os Alegres, Anxo Pintos, Juanjo Fernández, Iván Costa ou Patrick Molard, entre outros moitos. A edición complétase coa inclusión de fragmentos de conversas con amigos e compañeiros de Portela como Melitón, Antón Corral, Amando Fontán, Maximino Souto ou Wenceslao Cabezas del Toro e cun completo libriño que aporta textos de tódolos participantes nos que recordan a figura e fonda pegada que deixou o mestre gaiteiro.

Unha das máis importantes publicacións sobre Ricardo Portela, data do ano 1988. É o libro titulado Ricardo Portela. Dúas palabras verbo da gaita, con autoría de J. Luis Calle e editado pola Deputación de Pontevedra. http://arquivos.depo.gal/?1,653,211

O Álbum de Galicia é unha colección dixital de biografías de persoas que destacaron en moi diversos ámbitos: desde a sociedade, a ciencia, a cultura ou a empresa. O obxectivo do Consello da Cultura Galega é dar visibilidade e perspectiva de conxunto ás numerosas mulleres e homes, xa finados, que contribuíron de maneira significativa á sociedade galega ao longo da súa Historia. Ricardo Portela é unha das persoas que figuran neste álbum, e que podes consultar neste enlace: http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=25799