Deixámosvos algunhas imaxes do proxecto VERSoamos deste curso, organizado polos EDLG do Cmus Vigo, CEIP Ría de Vigo e IES Coruxo. As fotos corresponden aos dous días de celebración no exterior:
O xoves 28 de maio celebramos o taller de creación literario-musical na Vila Romana de Toralla. Alumnado dos tres centros educativos implicados no proxecto crearon en grupo microrrelatos a partir dunha frase dada de Begoña Caamaño eparticiparon nun taller de música tradicional impartido por Patricia González.
O xoves 4 de xuño presentamos o proxecto á veciñanza de Coruxo coa presenza de Afonso Rodríguez, imprescindible no proxecto deste ano, xa que a el lle debemos os textos dos mitos e lendas cos que traballamos este curso. Neste día interpretamos en directo unha desas lendas en dúas versións diferentes: a primeira do alumnado de 2º de primaria do Ría de Vigo e a segunda da aula de gaita do Conservatorio Profesional de Vigo.
Podedes ver e escoitar outros traballos deste curso AQUÍ.