Ás voltas coa lingua galega no Cmus Vigo
VERSoamos 2026
VERSoamos 2026

VERSoamos 2026

Preme nos carteis para ver os vídeos

Begoña Caamaño (1964-2014) é a autora homenaxeada este 2026 no Día das Letras Galegas. Nada no barrio vigués do Calvario, foi unha xornalista e escritora comprometida coas causas do feminismo, do pacifismo, do sindicalismo, do nacionalismo…

Pero ante todo Begoña atopou na palabra, tanto oral como escrita, radiofónica, xornalística ou literaria, a súa canle máis natural de expresión. Coas súas principais obras, Circe ou o pracer do azul e Morgana en Esmelle, a autora retomou vellas lendas da cultura occidental para recrealas e ofrecer unha visión crítica e liberadora, en especial cara as mulleres. Como ela dicía: “o feminismo é a utopía que nos fai avanzar”.

Nós tamén queremos retomar a nosa tradición narrativa, pero a máis local, a máis escondida e descoñecida, porque se transmitía de forma oral e está a desaparecer a pasos axigantados. E con ela pérdese unha parte de nós. Por iso cómpre recuperala e recoñecer os ecos da súa voz antes de que se apague para sempre.

🍪 Xestión de cookies

Utilizamos cookies para mellorar a túa experiencia. Se rexeitas as de terceiros, bloquearanse automaticamente.