Ás voltas coa lingua galega no Cmus Vigo
Actividades Semana das Letras Galegas 2026
Actividades Semana das Letras Galegas 2026

Actividades Semana das Letras Galegas 2026

O prometido é débeda. Presentámosvos o que o EDLG ten preparado para a Semana das Letras Galegas deste ano 2026. Este venres día 8 comenzamos coa xa tradicional apertura do Club Enxeñar, que nos presenta Chega de Mentiras. Xa a semana que vén, a partir do martes, teremos actividade no auditorio todos os días. O martes 14 poderemos escoitar obras para Canto e Piano creadas polo alumnado de RTA de Gloria  Rodríguez sobre textos en galego, que será interpretado polo alumnado de Canto (teñen algunha sorpresiña). O mércores, a terceira edición dos monográficos “Composición en galego”, onde homenaxeamos a algún compositor ou compositora galega con repertorio escrito para banda. A Banda Sénior do centro dirixida por Oscar Davila será a protagonista xunto a María Mendoza, convidada deste ano, quen collerá a batuta para dirixir algunha das súas propias obras. O xoves a música tradicional collerá o testigo e teremos dobrete. Primeiro a gaiteira Nadia Vázquez ofrecerá unha charla-concerto onde poderemos coñecer a Musette barroca e as diferencias e similitudes coa gaita galega, e a continuación “As Tarambainas” achegarán a música vocal das pandeireteiras ao conservatorio. Por último, pecharemos co Concerto en Familia, onde a música faise visible como elemento de unión entre persoas especiais.

🍪 Xestión de cookies

Utilizamos cookies para mellorar a túa experiencia. Se rexeitas as de terceiros, bloquearanse automaticamente.