Este ano 2026 a Real Academia Galega decidiu dedicar o 17 de maio, Día das Letras Galegas a Begoña Caamaño. Desde o Cmus Profesional de Vigo sumámonos a esta homenaxe organizando actividades cheas de literatura e música das que vos daremos conta proximamente…
Begoña Caamaño Rascado naceu en Vigo en 1964. Xornalista e escritora galega. Tamén activista e feminista. Publica a súa primeira novela con 45 anos:“Circe ou o pracer co azul”. Ata entón, a autora era recoñecida pola súa intensa carreira profesional como xornalista, especialmente nos medios radiofónicos e singularmente na Radio Galega, onde desenvolveu o seu labor desde 1989. Cidadá comprometida, o seu perfil viñera definido pola militancia sindical e a implicación no movemento feminista. Involucrada en diversas mobilizacións sociais, salientaba pola súa denuncia da manipulación informativa nos medios públicos. A súa segunda novela “Morgana en Esmelle” ve a luz 3 anos máis tarde. O seu falecemento en 2014 tronza o que arrincaba como unha carreira literaria brillante e con só 50 anos morre en Compostela.
Biografía ampliada por Ana Romaní: Biografía | Real Academia Galega
Obra literaria e artigos publicados: Obras | Real Academia Galega
No portal da Real Academia atopamos información sobre a súa vida, obra literaria, traducións, artigos, entrevistas, vídeos, etc. Letras Galegas 2026 | Real Academia Galega
Sabes moito sobre Begoña Caamaño? Neste xogo poderás demostralo: Canto sabedes de Begoña Caamaño? – Primavera das Letras



