Ás voltas coa lingua galega no Cmus Vigo
De Novo Gaiteiro. Presentación do libro de Xaime Estévez
De Novo Gaiteiro. Presentación do libro de Xaime Estévez

De Novo Gaiteiro. Presentación do libro de Xaime Estévez

O martes 20 de xaneiro tivemos unha visita moi especial no centro. Xaime Estévez presentou o seu libro “De novo Gaiteiro. Obra completa para gaita (1981-2025)”. Sempre ligado ao mundo da gaita, Xaime Estévez fixo un percorrido pola súa vida e polas agrupacións ás que estivo vencellado en cada unha das etapas da mesma. Os seus comenzos co instrumento no Centro cultural Abrente de Mos, a banda Raigames liderada por Henrique Otero, o seu paso polo conservatorio como profesor de gaita e a creación da Banda de Gaitas do Conservatorio de Vigo, os Novos Galiños de Belesar, o grupo Troula (Madrid) ou Os Terribles de Donas en Gondomar. Para cada unha destas etapas hai obras compostas por Xaime Estévez, a pesar de que el mesmo considérase máis profesor que compositor. O departamento de Música Tradicional, especialmente o alumnado e profesorado de gaita, quixo agasallar ao propio Xaime coa interpretación en directo de varias das súas obras. Íñigo Cabaleiro (gaita 3º GP) interpretou a Xota de Peinador (1986) e a totalidade do alumnado da especialidade pechou o acto coa interpretación da obra O Ar-de o Pazo (2022). Deixámosvos algunhas fotografías do acto e un par de ligazóns a publicacións na prensa.

La Voz de Galicia

Atlántico

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

🍪 Xestión de cookies

Utilizamos cookies para mellorar a túa experiencia. Se rexeitas as de terceiros, bloquearanse automaticamente.