Ás voltas coa lingua galega no Cmus Vigo
VERSoamos 2025 
VERSoamos 2025 

VERSoamos 2025 

VERSoamos é o nome que demos a este proxecto no que participamos tres centros educativos do concello de Vigo: CPI Ría de Vigo, IES Coruxo e Cmus Profesional de Vigo. Aínda que o Conservatorio leva soamente dous anos participando, data en que recibiu o nome de VERSoamos, este proxecto iniciouse no ano 2021 ano en que as Letras Galegas dedicáronselle a Xela Arias. De aí que continúe dentro do que se denomina  Proxecto XELA (Xerando Espazos Lectores Abertos).

Os obxectivos principais deste proxecto son a visibilización da figura homenaxeada nas Letras Galegas (neste ano 2025 dedicado ás Cantareiras), fomentar o uso do galego entre o alumnado e fomentar o achegamento á lectura de maneira lúdica. Ao mesmo tempo, e sobre todo desde a participación do Cmus no proxecto, fomentar a creatividade e a improvisación musical arredor dun texto ou melodía dada. 

VERSoamos xira arredor da zona xeográfica de Coruxo e é por iso que as imaxes seleccionadas están relacionadas con Coruxo e arredores: Toralla, San Miguel de Oia, Canido, etc. As fotografías, que foron facilitadas por Xerardo Fernández Santomé pertencen a diferentes arquivos como son os do CRACC de Coruxo, Gaiteiros da Xistra e Memoria de Oia principalmente. 

Para a elaboración dos materiais musicais, partimos nuns casos de recollidas a diferentes informantes e noutros a textos que nos chegaron por escrito, en ambos casos, ligados dunha ou outra maneira a Coruxo. As fotografías foron conectadas con esas coplas pertencentes á tradición oral e o traballo pasou por diferentes fases:

1ª fase Selección dos materiais cos que traballar. Informantes, coplas e fotografías. 

2ª fase Transcricións das partituras e textos a partir das recollidas gravadas en audio e/ou vídeo.

3ª fase Realización dos traballos musicais de creación e improvisación partindo das partituras e textos.

 Cómpre dicir que tanto o profesorado como o alumnado participante en ningún momento escoitou o audio orixinal, para non condicionar as súas creacións. 
4ª fase Elaboración dos vídeos, maquetación dos carteis e QRs e instalación na paseo do Vao e Canido

4ª fase Encontros en Coruxo.
       16 de maio ás 19:30: inauguración dos paneis
       22 de maio: talleres co alumnado dos tres centros na finca Mirambel

As anteriores foron as pezas seleccionadas para os paneis, pero tiñamos outras igual de boas que podes escoitar a continuación premendo no título da cantiga:

Se queres que o carro chíe

Coordina Jaime García Fernández de Usera, dpto. de Corda Aula de violín

Elena López Francos, violín (4º GP)

Adrián Lages Álvarez, violín (4º GP)

Indo polo monte arriba

Coordina Rosa Mª Pena, departamento de Composición

Aula de Historia da música 4º GP – Grupo A

Claudia Álvarez Román (clarinete), Martín Coya Iglesias (trombón), David Giráldez Barbosa (gaita), María González Dopeso (clarinete), Sofía Mariño Pereira (piano), Cristian Mosteiro Calo (óboe), Lara Oliveira Costas (percusión), Marina Pascual Pintado (clarinete), Miranda Pérez Higuera (piano).

Indo polo monte arriba

Coordina Rosa Mª Pena, departamento de Composición

Aula de Historia da música 4º GP – Grupo B

Arranxo sobre Oliveira dos cen anos de C. Tangana

Nicolás Albertos Rodríguez (piano), Íker Álvarez Alonso (piano), Martín Costas Carballo (trompeta), Mario García Rodríguez (saxo), Adrián Lages Álvarez (violín), Elena López Francos (violín), Daniel Marrufo Samillán (violín), Carmiña Soto Fernández (contrabaixo).

Indo polo monte arriba

Coordina Rosa Mª Pena, departamento de Composición

Aula de Historia da música 4º GP – Grupo D

Ainara Blanco Castelo (contrabaixo), Alejandra Do Camiño Estrella (acordeón), Miguel González Estarque (piano), Alejandro Pérez Pérez (piano), Antía Varela García (guitarra).

Se tu me quixeras ben

Coordina Rosa Mª Pena, departamento de Composición

Aula de Historia 5º GP – Grupo A

Arranxo sobre Mozos do penedo, de Manuel Nóvoa González

Antonio Martínez Castro (clarinete)

Daniel Ameneiro González (percusión)

Se tu me quixeras ben

Coordina Rosa Mª Pena, departamento de Composición

Aula de Historia 5º GP – Grupo B

Eva Álvarez Vila (óboe), Leire Cameselle Pérez (violín), Nerea Fernández Alonso (violín), María Sebastián Beloso (violín).

Se tu me quixeras ben

Coordina Rosa Mª Pena, departamento de Composición

Aula de Historia 5º GP – Grupo D

Javier Álvarez Giráldez (piano), Guillermo Álvarez Sierra (percusión), Gabriel Fernández Pérez (percusión), Erika Lago Vergara (saxofón), Lucía Prieto García (piano), Hugo Viceiro Diz (percusión).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

🍪 Xestión de cookies

Utilizamos cookies para mellorar a túa experiencia. Se rexeitas as de terceiros, bloquearanse automaticamente.