Presentámosvos O RECUNCHO, o podcast de Igualdade do Cmus Profesional de Vigo. Co título de “Esta noite hai un Serán”, participamos novamente no VII Concurso de Podcasts – Radio na biblio, destinado a centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, en colaboración coa Radio Galega (CRTVG). Desta vez non levamos premio, pero igualmente quedamos moi satisfeitas co traballo realizado. Vós que opinades?
Podedes escoitalo aquí:
Se queredes coñecer todo o proceso de confección do podcast e obter as partituras do arranxo de Ángel Montes, podedes descargar este .pdf.
E aquí tedes algunhas fotos das participantes na gravación do podcast.



