Cantas cantareiras coñeces?
Cantas cantareiras coñeces?

Cantas cantareiras coñeces?

Así como os nomes dos grandes gaiteiros son coñecidos para o gran público, os nomes das cantareiras, mesmo para as persoas vinculadas coa música tradicional galega, son moitas veces un misterio. Certo é que a meirande parte delas non cantan nin cantaban no pasado como solistas, senón que habitualmente formaba parte dun “bandiño de mozas”: os grupos de pandeireteiras. Chamámoslle así porque ademais de cantar tocan instrumentos de percusión miúda. Pode ser pandeira, pandeiro, lata de pimentón, ferriños, tixola e un longo etcétera de pequenos iidiófonos ademais do instrumento raíña: a pandeireta. O número de integrantes dun grupo de pandereiteiras é moi variable. No pasado, adoitaban ser dúas ou tres, algunha máis quizais. O baile era preferente e a música era a que posibilitaba o baile.Pero entre bailar ou tocar, unha gran maioría prefería bailar. Agora segue habendo grupos de tres, pero habitualmente son máis (quizais a media estea en 7-8), chegando a atoparse grupos moi numerosos.
Deixámosvos unha pequena mostra dalgunhas pandeireteiras históricas que destacan entre as moitas que había e hai en Galicia, e que foron imprescindibles para a transmisión de coñecemento arredor da música e poesía oral. Grazas a elas a recuperación datada a principios dos anos 80 do pasado século foi posible. Tamén unha selección de coplas cantadas por elas, e que podedes escoitar pinchando en cada cartel.

Un comentario

  1. Pingback: Levamos premio!! – EDLG

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

🍪 Xestión de cookies

Utilizamos cookies para mellorar a túa experiencia. Se rexeitas as de terceiros, bloquearanse automaticamente.