Ás voltas coa lingua galega no Cmus Vigo
Entroido 2025
Entroido 2025

Entroido 2025

Un ano máis chega o entroido ao Cmus Profesional de Vigo. Como cada ano engadimos unha nova figura á nosa exposición no hall. Este ano estarán por primeira vez Os Galos de San Pedro da Mezquita, do concello de A Merca, na provincia de Ourense. Logo de terse perdido este personaxe a mediados dos anos 60 do pasado século, contamos con esta tradición recuperada desde xa hai case dúas décadas. Ademais do cartel, tentaremos ter o noso particular Galo presidindo a entrada do centro. Grazas a Rosa, profesora de historia da música, polo seu traballo para a realización da máscara.

2 Comments

  1. Paula Villanueva Moares

    Encántame esta exposición taaaann chula chulísima e ben documentada. De feito creo que debedes editar este traballo e polo á venda 😉
    Moitas grazas por achegarlles ós cativos esta tradición tan ancestral como é o Entroido galego.
    Parabéns equipo!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *