Ás voltas coa lingua galega no Cmus Vigo
Aquí tamén soa o galego!
Aquí tamén soa o galego!

Aquí tamén soa o galego!

Cartel do "Aquí tamén soa o galego" do conservatorio Xan Viaño de Ferrol

O Cmus Profesional de Vigo participa na campaña Aquí tamén soa o galego!
A iniciativa parte do EDLG do Cmus Profesional de Ferrol, á súa vez seguindo a exitosa campaña do IES Rafael Dieste, que conseguiu levar o  lema Aquí tamén se fala galego a toda Galicia e parte do estranxeiro.
Logo de coñecer os últimos datos sobre a lingua galega en Galicia, pensamos que este tipo de accións visibilizadoras son aínda máis necesarias.
Na fotografía, alumnado e profesorado da especoialidade de gaita escolleron o auditorio do centro para ilustrar gráficamente á nosa adhesión á campaña.

Fotografía do alumnado que particiap na campaña "Aquí tamén soa o galego"

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *