Ás voltas coa lingua galega no Cmus Vigo
Samaín 2024
Samaín 2024

Samaín 2024

Cartaz xeral do samaín

Durante os días 29 e 30 de outubro celebraremos o noso particular Samaín no Cmus Profesional de Vigo. Algunhas aulas estarán decoradas con cabazas, velas e outros motivos alusivos ao samaín. O alumnado máis cativo do centro poderá buscar polas portas os carteis do samaín, que indican que nesas aulas, e seguindo os pasos necesarios, poden atopar recompensas (as nosas particulares esmoliñas). Continuamos deste xeito unha tradición ancestral en Galicia e que se conservou en varios lugares sen interrupción no tempo. Así, nos cambios de clase, os pasos a seguir serán dicir a tradicional frase “unha esmoliña polos defuntiños que van alá” (recollida na Illa de Arousa), e contestar a unha pregunta relacionada coa música que fará o profesorado que se atope na aula. En caso de respostar correctamente, obterán recompensa!!
Tamén durantre eses días, no hall do auditorio realizaranse pequenos concertos terroríficos: intervencións de curta duración con músicas arrepiantes a cargo de profesorado e alumnado. Serán nos 15 últimos minutos de cada hora.O profesorado do instrumento deberá apuntar na sala de profes ao alumnado que queira participar. Ese cartel servirá despois de programa na hall do auditorio. Para calquera dúbida podes contactar con rebecacarrera@edu.xunta.gal (coordinadora do EDLG)

cartaz dos concertos terroríficos do samaín

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *