Aquí deixamos algunhas fotografías do proxecto VERSoamos, que compartimos cos centros CEIP Ría de Vigo e IES Coruxo. Corresponden co taller poético musical do día 22 de maio na Vila Romana de Toralla e da inauguracións dos paneis instalados no paseo da praias do Vao e Canido do día 27 de maio. Luísa Villalta, a protagonista deste ano, nun proxecto que comenzou hai catro anos, cando Xela Arias foi a homenaxeada do Día das Letras Galegas. VERSoamos – Proxecto XELA (Xerando Espazos de Lectura en Aberto)
Tamén algúns enlaces e notas de prensa que se fixeron eco desta actividade.