Para conmemorar o Día Internacional das Familias, realizaremos este concerto onde participarán alumnado e profesorado do centro en conxuntos con outros membros das súas familias, pertenzan á comunidade educativa ou non. Tocarán avós con netos, tías con sobriños, irmáns, etc. Trátase de mostrar a capacidade da música para unir persoas, para comunicar difrutando e compartindo. A mestura xeracional aporta ademais experiencias diferentes ao noso alumnado, sendo protagonistas no centro dun xeito diferente.