Ás voltas coa lingua galega no Cmus Vigo
Semana das Letras galegas. 14 de maio ás 20:00:  Rta-canto: creacións musicais para canto e piano
Semana das Letras galegas. 14 de maio ás 20:00:  Rta-canto: creacións musicais para canto e piano

Semana das Letras galegas. 14 de maio ás 20:00:  Rta-canto: creacións musicais para canto e piano

Como xa é costume no centro, o alumnado de Gloria Rodríguez Gil na materia de RTA (Repentización, Transporte e Acompañamento), presenta obras para voz e piano sobre textos en galego, compostas por eles mesmos durante o curso. Nesta ocasión, e como non podía ser doutro xeito, os textos elixidos son poemas (tamén fragmentos) de Luisa Villalta. Esas obras serán interpretadas por eles mesmos ao piano e polo alumnado de canto coordinado por Beatriz Arenas e Beatriz Riobó. Completarase o concerto con obras doutros autores, sempre con textos en lingua galega.