Ás voltas coa lingua galega no Cmus Vigo
Letras Galegas 2024: Luisa Villalta
Letras Galegas 2024: Luisa Villalta

Letras Galegas 2024: Luisa Villalta

O 29 de xuño de 2023, o pleno da Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas 2024 a Luísa Villalta (A Coruña, 1957-2004). Creadora dunha obra singular e sólida que a converteu nunha das grandes figuras da literatura galega, o 17 de maio de Luísa Villata será unha ocasión excepcional par reivindicala en toda a súa amplitude como a intelectual que foi. Música e poesía convértense en piares da súa obra, e o cruzamento entre ambas (foi tamén violinista de recoñecido talento) están presentes non so na poesía, xa que tamén cultivou con o teatro, a narrativa de ficción, o ensaio, o articulismo e a tradución.

Desde o Cmus Profesional de Vigo sumámonos a esta homenaxe, con proxectos cheos de poesía e música, que amosaremos proximamente…

Enlaces:

https://academia.gal/letras-galegas/2024/luisa-villalta

https://acorunhadasmulleres.gal/luisa-villalta/

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesisaacdiazpardo/system/files/Apuntamento%20biográfico%20Luísa%20Villalta.pdf

https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=4163