Ás voltas coa lingua galega no Cmus Vigo
Situación da lingua galega no CMUS Vigo
Situación da lingua galega no CMUS Vigo

Situación da lingua galega no CMUS Vigo

Durante o curso académico 2021-2022, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do Conservatorio Profesional de Música de Vigo elaborou enquisas sociolingüísticas dirixidas a alumnado, profesorado e persoal non docente co obxectivo de coñecer a situación da lingua galega no centro, e utilizar os resultados como base para futuras accións dinamizadoras.

En total, recolléronse 444 enquisas: 376 correspondentes ao alumnado, 62 ao profesorado e 6 ao persoal non docente. Estas cifras supoñen unha participación do 65,28% do alumnado, un 84,93% do profesorado e un 75% do persoal non docente.

Un total de 18 preguntas dirixidas a cada colectivo, que nos proporcionaron os datos que aquí presentamos analizados.

Grazas