Afonso X Sabio deiuxou un legado de incalculable valor do que é herdeira a nosa cultura e a nosa lingua. Festexamos o 800 aniversario do seu nacemento a través da realización da presente actividade, onde abordaremos tanto a figura do archicoñecido rei como a súa pegada a través do galaico-portugués como lingua predecesora do galego e da composición das Cantigas de Santa María. Esta xornada é un proxecto interdisciplinar no que participan os Departamento de Canto, Música Tradicional e Fundamentos de Composición a través da materia de Historia da Música. Ademais colabora a coordinación da Biblioteca e o EDLG.
O evento terá lugar o 14 de decembro de 2021 ás 19:00h no auditorio David Russell.