Recursos Carlos Casares

Lembrade, ademais, que algúns do recursos citados xunto coas guías didácticas e os carteis gañadores do Concurso-Exposición das Letras Galegas 2017 nas dúas categorías premiadas están á vosa disposición en:

http://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas

Por outra banda, informámosvos de que, dentro das actividades cinematográficas do Festival de Cine Internacional de Ourense (Ouff), xa se presentou a VIII edición do OUFF Escola. Como sabedes, este certame de creación audiovisual convocado pola Concellería de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Ourense coa colaboración da SXPL, está dirixido a centros de ensino públicos, concertados e privados de toda Galicia.
O prazo para presentar as solicitudes finaliza o 3 de xullo. Atoperedes máis información en:

http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0051/viii-certame-cinema-ouff-escola

E, para rematar, tamén vos animamos a participar no Certame de Artigos Xornalísticos Carlos Casares, unha iniciativa do IES Afonso X O Sabio de Cambre destinada a alumnado, menor de 20 anos, que estea cursando ESO e bacharelato. Os traballos, de 3 folios, deben inspirarse no tema do tren como motivo lietrario.

O prazo de presentación remata o 11 de maio. Podedes consultar as bases da convocatoria na seguinte ligazón:

http://fundacioncarloscasares.org/wp-content/uploads/2017/03/BASES-CERTAME-CARLOS-CASARES-CAMBRE.pdf

ATENTOS NENOS!!!!!!!!!!!!!

A CRTVG ofrece a súa programación infantil a través dunha nova aplicación, Xabarín TVG, dispoñible para móbiles e tabletas, con todas as series de animación en galego que se emiten pola TVG2 dentro do espazo Xabarín Club.

http://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/novidades/_/contido_0652/xabarin-tvg-nova-aplicacion-infantil-tvg

Convocatorias interesantes

– XIII certame de redacción e investigación histórica Falemos da Nosa Historia

O CEIP Antonio López Ferreiro de Santiago de Compostela organiza este concurso de redacción e investigación histórica destinado a alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de secundaria. O tema proposto para este curso é María Soliña. O prazo de entrega dos traballos remata o 28 de febreiro.
http://endlceiplopezferreiro.blogspot.com.es/

Convocatorias interesantes

– III Premio Literario Nortear Novos Escritores Norte de Portugal-Galicia

Unha iniciativa conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, da Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e mais a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP, AECT) que premia relatos curtos escritos en lingua portuguesa ou galega cunha extensión de 5000 a 8000 palabras. Poden participar as persoas de 16 a 36 anos, nacidas e/ou empadroadas en Galicia ou na Rexión Norte de Portugal. O prazo para presentar as obras finaliza o 30 de abril.
http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0047/iii-premio-literario-nortear-para-mocidade-escritora

VI Día da Ciencia en Galego

Quedades convidados a participar na videoconferencia que completa a celebración do VI Día da Ciencia en Galego. Nesta ocasión a actividade vai dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º da ESO. Vaise realizar o vindeiro martes 26 de abril e poderán participar todos os centros que se inscriban segundo o indicado abaixo. Somos conscientes do prazo tan escaso co que publicitamos a actividade, mais foinos imposible facelo antes debido á complexidade da organización dun evento semellante.

Descrición da actividade

Título: “Arpa Leap Motion”.
Relator: Susana Oubiña Falcón. Profesora de Tecnoloxía no IES de Vilalonga e investigadora. Licenciada en Ciencias Físicas na especialidade de Electrónica pola USC e Máster en Enxeñería Telemática pola UVigo. O seu traballo fin de máster centrouse na temática da gamificación cun proxecto de investigación sobre a gamificación na contorna escolar baixo unha rede social: “Proposta gamificadora baixo a rede social Edmodo”. Desenvolve actividades varias de formación e divulgación da robótica e a realidade aumentada nos niveis de Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato.
Destinatarios: alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º da ESO.
Data e hora: martes 26 de abril entre as 11:30h e as 12:30h.
Sinopse: O reto consiste en conseguir deseñar, programar e facer soar unha arpa, para así poder crear a nosa propia música. Para conseguilo, introducirémonos na robótica utilizando o software Scratch 2.0, que conectaremos ao dispositivo de infravermellos Leap Motion. Como produto final, obteremos un instrumento musical (arpa) que poderemos usar de forma moi sinxela: só movendo no aire os dedos das nosas mans.

Accede a información técnica e sobre o proceso de inscrición en: http://www.coordinadoraendl.org/cienciaengalego/2015/videoconferencias.php

Proxecto “Recoméndoche un libro”

Indicámosvos que o EDLG do IES Castelao e da EOI de Vigo xunto coa Biblioteca Pública Neira Vilas presentan o proxecto Recoméndoche un libro que leva asociado a convocatoria do concurso “O ollo de vidro”, co que se premiarán os traballos audiovisuais máis valorados de entre os participantes nese proxecto, e cuxo ditame se dará a coñecer no mes de maio

(http://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/novidades/_/co ntido_0513/recomendoche-libro).

VII edición do OUFF Escola

Achegámosvos información sobre a VII edición do OUFF Escola. Como sabedes, este certame de creación audiovisual está promovido pola Concellería de Cultura do Concello de Ourense en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e forma parte das actividades cinematográficas do Festival de Cine Internacional de Ourense (Ouff). O prazo de presentación de solicitudes remata o 1 de xullo. Podedes consultar a información nesta ligazón:

http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0034./vii-edicion-ouff-escola